INICIO

Exposición de Paco Torrente
Luns, 04 Xullo 2016
Neste mes de xullo mostrarase no salón de actos do Concello de Carnota a exposición de Paco Torrente. A mostra dá a coñecer fotografías de todos os recunchos do noso concello. Permanecerá aberta ao público de luns a venres en horario de 8 a 14 horas.
Esta semana comeza unha nova edición do programa Un Verán de Conto!
Luns, 04 Xullo 2016
Un Verán de Conto! é un programa de dinamización lectora na infancia promovido polo Concello de Carnota a través da Axencia de Lectura Municipal, que aglutina sesións de contacontos, teatro e música para nenas e nenos a partir dos 3 anos.
Nesta edición desenvolverase en 4 sesións, durante os meses de xullo e agosto. A participación nas diferentes actividades é libre e gratuíta, sen necesidade de realizar inscrición previa.
O programa inaugurarase o venres 8 de xullo, co espectáculo Brinca Vai! De aquí a acola, o espectáculo musical de Paco Nogueiras, que combina cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. A actividade terá lugar no salón de actos do Concello de Carnota, ás 11:30 h.
Orgullo, dereitos humanos e sexodiversidade: o rural entende?
Mércores, 29 Xuño 2016
Actividades verán 2016
Luns, 27 Xuño 2016
XUÑO 2016
– Do 9 ao 23: I Concurso de vídeos con móbil arredor do San Xoán:
Prazo de inscrición e de remisión dos vídeos: do 9 ao 16 de xuño.
Fase de votación pública en Facebook: do venres, 17 de xuño, ás 12:00 h ata o mércores, 22 de xuño, ás 12:00h.
Entrega do premio: 23 de xuño.
– Sábado 11: Romaría dos Muíños (Xurde Caldebarcos)
– Sábado 18: Torneo de fútbol 8 de categoría alevín no campo de Lombáns (CF Lira)
– Domingo 19: Certame de baile galego, na praza de San Gregorio (no pavillón de Carnota, se chove) a partir das 15:00h (Organiza: ANPA do CEIP de Carnota).
– Luns 20: Festival da Escola Municipal de Música de Carnota. Porto do Pindo ás 19:00 h.
– Do 20 de xuño ao 5 de xullo: Exposición pictórica de Lois Agulleiro, alumno do CEIP de Carnota. Salón de actos do Concello, de 08:00 – 14:00 h.
– Xoves 30: “Orgullo, dereitos humanos e sexodiversidade: o rural entende?”. Relatorio e obradoiros da man do sociólogo Ángel Amaro, no salón de actos do Concello, das 17:00h ás 19:30 h.
XULLO 2016
Máis artigos…
- Prácticas non remuneradas en empresas
- Normas para as cacharelas de San Xoán 2016
- Educación de persoas adultas
- Campaña de apoio á diversidade afectivo-sexual






¿QUÉN ESTÁ EN LIÑA?
Temos 47 convidados en liña
ÚLTIMOS COMENTARIOS
- Eu non entendo algunhas cousas que pasan aquí nest…
- hello there and tnank you for your information – I…
- Hola: No se si le han respondido, pero le diré que…
- I am truly gratefl to tthe holder of this website …
- As everyone knows one of the kkey ways is to write…
CONTIDO MÁIS LIDO
- Praias e areais
- Historia e Patrimonio
- A ESCOLA DE MÚSICA DE CARNOTA PARTICIPA NO FESTIVAL CELEBRADO NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO, PROMOVIDO POLO IES LAMAS DE CASTELO
- Carnota de Norte a Sur
- Contacta co Concello