Mércores, 16 Maio 2012
Ao longo desta semana o Concello de Carnota ofreceu diferentes actividades de dinamización lectora dirixidas ao público infantil, integradas na programación cultural organizada arredor da celebración do Día das Letras Galegas.
O luns 14 de maio tivo lugar no CEIP do Pindo o espectáculo teatral “A ratiña presumida e o ratiño presumido”, unha adaptación do conto clásico, da man Compañía do Trinke Trinke, que aborda o tema da igualdade de xénero.
Mércores, 16 Maio 2012
Ao remate da actividade, o alcalde de Carnota, Ramón Noceda Caamaño, entregoulles a todos os asistentes cadanseu lapis co lema da campaña Vitaminas para o Galego, a prol dos medios de comunicación no noso idioma, que tamén se distribuíron ao longo desta semana en todos os centros educativos do municipio.
Mércores, 16 Maio 2012
O departamento de Cultura e Deporte do Concello de Carnota pon en marcha o programa de voluntariado "Torre dos Mouros", no que solicita a colaboración de calquer persoa que esté disposta a participar nas labores previstas dentro deste proxecto. Para participar só tes que inscribirte de calquera dos seguintes xeitos: a través do formulario que hai na sección Torre dos Mouros > Voluntariado nesta mesma web, contactando co departamento de Cultura e Deporte do Concello de Carnota no teléfono 981 85 70 32 ou escribindo un correo electrónico cos teus datos a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
Mércores, 16 Maio 2012
O pasado 15 de maio, un grupo de usuarias e usuarios do Centro de Atención a Persoas Maiores de Carnota visitou a Axencia de Lectura Municipal, para afondar na traxectoria vital do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Tras analizar a rica personalidade do intelectual galeguista e participar nun coloquio guiado pola técnica municipal de normalización lingüística, agasalláronnos cun cartel centrado na figura de Valentín Paz Andrade, froito dun traballo de aproximación ao autor, que desenvolveron no centro nos días previos a esta actividade.