INICIO

Exposición de Paco Torrente

Luns, 04 Xullo 2016

Neste mes de xullo mostrarase no salón de actos do Concello de Carnota a exposición de Paco Torrente. A mostra dá a coñecer fotografías de todos os recunchos do noso concello. Permanecerá aberta ao público de luns a venres en horario de 8 a 14 horas.

   

Esta semana comeza unha nova edición do programa Un Verán de Conto!

Luns, 04 Xullo 2016

Un Verán de Conto! é un programa de dinamización lectora na infancia promovido polo Concello de Carnota a través da Axencia de Lectura Municipal, que aglutina sesións de contacontos, teatro e música para nenas e nenos a partir dos 3 anos.

Nesta edición desenvolverase en 4 sesións, durante os meses de xullo e agosto. A participación nas diferentes actividades é libre e gratuíta, sen necesidade de realizar inscrición previa.

O programa inaugurarase o venres 8 de xullo, co espectáculo Brinca Vai! De aquí a acola, o espectáculo musical de Paco Nogueiras, que combina cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. A actividade terá lugar no salón de actos do Concello de Carnota, ás 11:30 h.

   

Orgullo, dereitos humanos e sexodiversidade: o rural entende?

Mércores, 29 Xuño 2016

Invitamos a toda a veciñanza a participar na xornada que celebraremos no Salón de Actos do Concello o xoves 30 de xuño as 17 h, a cargo do formador dinamizador Ángel Amaro (sociólogo).

   

Actividades verán 2016

Luns, 27 Xuño 2016

XUÑO 2016

–     Do 9 ao 23: I Concurso de vídeos con móbil arredor do San Xoán:

Prazo de inscrición e de remisión dos vídeos: do 9 ao 16 de xuño.

Fase de votación pública en Facebook: do venres, 17 de xuño, ás 12:00 h ata o               mércores, 22 de xuño, ás 12:00h.

Entrega do premio: 23 de xuño.

–    Sábado 11: Romaría dos Muíños (Xurde Caldebarcos)

–    Sábado 18: Torneo de fútbol 8 de categoría alevín no campo de  Lombáns (CF              Lira)

–    Domingo 19: Certame de baile galego, na praza de San Gregorio (no pavillón de          Carnota, se chove) a partir das 15:00h (Organiza: ANPA do CEIP de Carnota).

–    Luns 20: Festival da Escola Municipal de Música de Carnota. Porto do Pindo ás          19:00 h.

–    Do 20 de xuño ao 5 de xullo: Exposición pictórica de Lois Agulleiro, alumno do          CEIP de Carnota. Salón de actos do Concello, de 08:00 – 14:00 h.

–    Xoves 30: “Orgullo, dereitos humanos e sexodiversidade: o rural entende?”.                  Relatorio e obradoiros da man do sociólogo Ángel Amaro, no salón de actos do            Concello, das 17:00h  ás 19:30 h.

XULLO 2016

   

Máis artigos…

  • Prácticas non remuneradas en empresas
  • Normas para as cacharelas de San Xoán 2016
  • Educación de persoas adultas
  • Campaña de apoio á diversidade afectivo-sexual

¿QUÉN ESTÁ EN LIÑA?

Temos 47 convidados en liña

ÚLTIMOS COMENTARIOS

  • Eu non entendo algunhas cousas que pasan aquí nest…
  • hello there and tnank you for your information – I…
  • Hola: No se si le han respondido, pero le diré que…
  • I am truly gratefl to tthe holder of this website …
  • As everyone knows one of the kkey ways is to write…

CONTIDO MÁIS LIDO

  • Praias e areais
  • Historia e Patrimonio
  • A ESCOLA DE MÚSICA DE CARNOTA PARTICIPA NO FESTIVAL CELEBRADO NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO, PROMOVIDO POLO IES LAMAS DE CASTELO
  • Carnota de Norte a Sur
  • Contacta co Concello