Como chegar

O Municipio de Carnota está situado na franxa occidental da provincia de A coruña. Ábrese o mar entre a desembocadura dpo río Xallas e Punta Lens (Lariño), servendo de porta á Costa da Morte, cunha superficie de 70,9 km2 e 42 km de litoral que constitúen unha interminable sucesión de fermosas praias e espléndidos areais, ós pes do mítico Monte Pindo.

A principal vía de comunicación é a AC-550 Cee – Ribeira, que percorre o concello de norte a sur. É fácil o acceso dende Santiago de Compostela, seguindo a AC-543 ata Noia, onde podemos enlazar coa AC-550 que chega ata Muros. Se partimos dende alí seguiremos pola carretera que une Coristanco con Santa Comba, e nesta última localidade colleremos a AC-400 que nos levará directamente a Muros.

En coche

– Acceso dende Santiago de Compostela (73,5 km – aprox. 1h 14 min)
– Acceso dende A Coruña:( 103 km – aprox. 1h 37 min)
– Acceso dende Vigo ( 138 km – aprox. 2h 6 min)

En avión

Consulta os traxectos de avión dende aena.es
– Aeroporto de Lavacolla – Santiago de Compostela (981 597 400)
– Aeroporto de Alvedro – A Coruña (981 187 200)

En tren

Consulta os horarios de trens dende renfe.es
– Estación de tren de Santiago de Compostela (981 520 202)
– Estación de tren de A Coruña (981 150 202)