Carreira "Praia de Carnota"

O sábado 30 de agosto se celebru en Carnota a XVII edición da Carreira Popular “Praia de Carnota”, que acolleu unha participación de douscentos atletas. A proba, foi sobre todo, un éxito de organización, asistencia y participación, mellorando outros anos Estivo organizada polo Concello de Carnota, contou coa colaboración de membros de Protección Civil, Cocacola e Gadis, que abasteceron os deportistas de barritas e bebida enerxética, e foi o colofón das actividades deportivas do verán de 2008


Os deportistas, que acudiron de varios pobos da comarca da Costa da morte, así como de toda a xeografia galega, percorreron un circuito pola praia de 7.000, 2.400, 1.600 e 800 metros, respectivamente, en función das categorías.

 

Na modalidad de Master (mais de 41 anos), o primeiro posto foi para Manuel Monteagudo cun tempo de 28:31 y en féminas para Mª del Carmen Rgez cun tempo de 32:39. Na categoría Senior (de19 a 40 anos), o triunfo foi para Arturo Pasantes 28:41 e Mª José Grobas 33:44. Os gañadores, benxamins (ata 10 anos), foron Fernando Castro e Elvira Álvarez

 

Os concelleiros Marisol Piñeiro e Enrrique Romero presidiron a entrega de trofeos, consistentes nunha copa de ceramica de Nacho Porto para os tres primeiros clasificados de cada categoria. Asimismo, todolos participantes recibiron unha mochila de deportes de agasallo pola súa participación.

 

copyright concellodecarnota.com
copyright concellodecarnota.com
copyright concellodecarnota.com
copyright concellodecarnota.com
copyright concellodecarnota.com
copyright concellodecarnota.com
copyright concellodecarnota.com
copyright concellodecarnota.com
copyright concellodecarnota.com



Destacados
Buzón de suxerencias
Buzn de Suxerencias
Praias de Carnota
Praia en 180 grados
Postais de Carnota
Postais de Carnota
Carnota en 60"
Carnota en 60 segundos
Festas e Tradicións
Festas e Tradicins