Historia e Patrimonio

Historia

As terras carnotáns non só poden presumir de paisaxe, senón que tamén contan cun patrimonio cultural amplo e variado, resultado dunha rica historia.

Da época prehistórica, consérvanse varios petroglifos de gran interese, destacando o coñecido como Laxe escrita, descuberto en 1980 por un grupo de escolares. A escultura atópase no lugar chamado “Descansadeiro”, ó que se chega collendo unha pista á altura do polideportivo da villa.

Da época celta, destacar a presenza de varios castros. O mellor conservado é o castro de Mallou, que aínda presenta restos das murallas e das antigas vivendas. A actual Lira asentouse sobre os restos de outro castro, conservando incluso a estructura circular na disposición das vivendas.

No cumio de Penafiel, crese que existiu un lugar de culto celta, profanado polo xeneral romano Lucio Sestio, do que colleu nome o ara. Vindo de Penafiel, ó outro lado do cumio de A Moa, no lugar chamado Chan de Lamas, encontráronse restos que se cren pertencentes a un antigo poblamento dedicado á extracción de estaño, que despois venderíase ós fenicios.