Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

I Copa Fútbol Sala Concello de Carnota

Xoves, 12 Maio 2016

Tralo éxito conseguido na liga, o Concello de Carnota organiza a I Copa de Fútbol Sala, que arrincou o pasado venres, con 6 equipos locais anotados: AB!C, Bar Miche, Relámpago, Casa da Cregha - O Pirata, Fanecas Bravas e Pinturas Carnota.

Os partidos celébranse todos os venres, a partir das 20:00 h, no pavillón de Carnota. A primeira fase dura dous meses e xógase polo sistema de liga ida e volta. As semifinais e a final disputaranse o 22 de xullo.

O premio consistirá en cadanseu trofeo para os equipos campión  e subcampión, así como unha cea para o primeiro clasificado.

   

Convocatoria da fase de oposición para a contratación de dous chóferes de tractor no Concello de Carnota

Luns, 09 Maio 2016

Prema AQUÍ para ver a convocatoria.
   

Convocatoria da fase de oposición para a contratación de tres peóns do servizo de limpeza viaria no Concello de Carnota

Luns, 09 Maio 2016

Prema AQUÍ para ver a convocatoria.
   

Que se vexa o galego en Carnota!

Xoves, 05 Maio 2016

apegoArredor da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Carnota, a través do Departamento de Cultura e do Servizo de Normalización Lingüística, desenvolverá durante o mes de maio un programa de actividades orientado a promover e reivindicar o uso da lingua galega dende as idades máis temperás.

Actividades para o Apego:

Carnota é un dos 23 concellos adheridos ao Apego, un programa colectivo creado para fomentar a transmisión do galego como lingua inicial e promover o seu mantemento no contexto familiar e social das crianzas de 0 a 6 anos. Con estes obxectivos, artéllanse diferentes actuacións encamiñadas a tecer redes coas familias e a crear espazos de interrelación e intercambio de experiencias favorables para o uso do idioma e a súa valoración positiva.

O xoves, 12 de maio, ás 17:30h, terá lugar no salón de actos do Concello A casa encantada de Alí, un obradoiro para contar, cantar e xogar en galego, dirixido a familias con nenos/as de 0 a 6 anos. O músico Luís Prego e Fabaloba únense nesta historia contada e mais cantada, e pintada a través das xanelas dun fantástico Kamishibai.

O xoves, 19 de maio, ás 17:30 h, o salón de actos do Concello acollerá o obradoiro Prende no colo, no que as familias con nenos/as de 0 a 3 anos aprenderán xogos de dedos, cantos de berce, cantigas e recitados, con música ao vivo interpretada polos Luís Prego e Samuel Soto.

   
Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mer Xov Ven Sab
Feed RSS

Enquisa

¿Qué mellorarías da web do Concello?

Máis novas - 34.5%
Inclusión dun foro de debate - 20.4%
Directorio de empresas avanzado - 17.4%
Máis fotografías - 27.7%

Votos totais: 534
The voting for this poll has ended on: 30 set 2014 - 00:00