Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Avanza o Mural da Lingua

Xoves, 26 Maio 2016

muroletrasgalegasO Mural da Lingua é unha iniciativa  impulsada polo Concello de Carnota co obxectivo de reivindicar e visibilizar a lingua galega e a súa riqueza expresiva, así como valorizar a contorna e contribuír á humanización e embelecemento dos espazos públicos.

O proxecto estase desenvolvendo ao longo deste mes de maio, coa colaboración dos centros de ensino do municipio e baixo a dirección desinteresada do artista Nando Lestón.

Esta mañá, cunha delegación do CEIP do Pindo, comezamos o traballo plástico para converter o muro frontal do campo de fútbol de Lombáns nun mural reivindicativo do idioma propio, conxugando imaxe e palabra. Mañá continuaremos o traballo cunha representación do alumando do CEIP de Carnota.

   

I Copa Fútbol Sala Concello de Carnota

Xoves, 12 Maio 2016

Tralo éxito conseguido na liga, o Concello de Carnota organiza a I Copa de Fútbol Sala, que arrincou o pasado venres, con 6 equipos locais anotados: AB!C, Bar Miche, Relámpago, Casa da Cregha - O Pirata, Fanecas Bravas e Pinturas Carnota.

Os partidos celébranse todos os venres, a partir das 20:00 h, no pavillón de Carnota. A primeira fase dura dous meses e xógase polo sistema de liga ida e volta. As semifinais e a final disputaranse o 22 de xullo.

O premio consistirá en cadanseu trofeo para os equipos campión  e subcampión, así como unha cea para o primeiro clasificado.

   

Convocatoria da fase de oposición para a contratación de dous chóferes de tractor no Concello de Carnota

Luns, 09 Maio 2016

Prema AQUÍ para ver a convocatoria.
   

Convocatoria da fase de oposición para a contratación de tres peóns do servizo de limpeza viaria no Concello de Carnota

Luns, 09 Maio 2016

Prema AQUÍ para ver a convocatoria.
   
Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mar Mer Xov Ven
Feed RSS

Enquisa

¿Qué mellorarías da web do Concello?

Máis novas - 34.5%
Inclusión dun foro de debate - 20.4%
Directorio de empresas avanzado - 17.4%
Máis fotografías - 27.7%

Votos totais: 534
The voting for this poll has ended on: 30 set 2014 - 00:00