Esta fin de semana celebrouse a I Concentración Ecolóxica-Cultural A.G.A. no Concello de Carnota. Este grupo de autocaravanistas tiveron a iniciativa de dar exemplo práctico sobre como gozar da natureza dunha forma respectuosa mediante pautas de comportamento encamiñadas á conservación dos espazos naturais.
Empezaron a chegar os primeiros participantes o venres pola tarde a Lombáns, lugar no que aparcaron máis de 55 autocaravanas e se instalaron cerca de 200 persoas. O sábado pola mañá, empezouse coa limpeza e recollida do areal e a Praia de Carnota. Fixéronse cinco grupos, que se dividiron nas seguintes zonas de actuación: Boca do Río, Carrofeito, Carnota, Vilar e Maceiras. Ás 13:30 h fíxose unha parada para repoñer forzas e seguir pola tarde. Con esta grande iniciativa recolleuse máis de UNHA TONELADA DE LIXO.
Sobre as 19:00h a Asociación Galega de Autocaravanas (A.G.A.) invitou a unha sardiñada e queimada a todos os voluntarios. O domingo pola mañá realizouse unha ruta de sendeirismo de Lombáns a Carnota para chegar á parroquia de Santa Comba, onde coñeceron os monumentos da nosa vila. O acto de clausura correu a cargo do vicepresidente da A.G.A., Manuel Gil, o alcalde de Carnota, José Oreiro, e o representante da zona de Medio Ambiente, Quevedo. No acto, déronse as grazas por toda a colaboración por parte do Concello, mentres que o alcalde agradeceu profundamente esta grande iniciativa. A A.G.A. entregou unha placas conmemorativas ó alcalde, ó representante de Medio Ambiente, a Protección Civil e ó Departamento de Cultura, Deportes e Turismo. A continuación, o Concello de Carnota invitou a uns petiscos a todos estes autocaravanistas que, con grande ilusión, traballaron e gozaron do paraíso chamado Carnota.