O domingo 4 de xullo o Concello de Carnota realizou unha peregrinaxe a Santiago de Compostela.
Foron un total de 160 persoas de todo o concello desde Lariño ata O Pindo.
Saíuse ás nove da mañá e asistiuse a misa do peregrino das 13:15 h, na que o noso alcalde, José Domingo Oreiro Rodríguez, fixo unha pequena invocación ao Apóstolo.
Logo de asistir á misa dirixímonos ao Seminario Menor, onde comemos á sombra dunha gran carpa. Despois de xantar e pasar un bo anaco cantando collemos o autobús de volta para a casa.