Seguen os torneos e campionatos deportivos no Concello de Carnota. Despois da liga de tenis de mesa finalizada hai unha semana, onte á tardiña celebrouse a final do torneo de fútbol sala no pavillón de Lamas de Castelo. Na categoría Alevín xogou o equipo de Quilmas contra A Fontiña, cun resultado de 2 – 3. E na categoría de cadetes enfrontáronse os equipo de Pedrafigueira xogou contra o Pindo, que quedaron 2 – 7.
Na próxima semana dará comezo o torneo de tenis cunha participación de máis de trinta tenistas de toda a comarca. Para este torneo, de gran competitividade e cada ano máis popular, utilizaranse as distintas pistas que ofrece o Concello ( Lombáns, Lamas de Castelo e Lariño ). Este será o último campionato da tempada de verán en Carnota. Así mesmo, o 21 de agosto porase fin á programación deportiva coa xa tradicional carreira pedestre pola praia de Carnota.