Víndemo Ver

Presentación

Víndemo ver é unha iniciativa municipal, que persegue o obxectivo de dinamizar os diversos sectores económicos e promover os recursos endóxenos, a través da diversificación e a promoción do local. A feira vaise a desenvolver na praza de San Gregorio dende o día 17 ata o 20 de abril, en horario de mañá e de tarde (11:00 – 15:00 h e 17:00 – 21:00 h)

Mostra de artesanía: Coa presenza de grandes artesáns como Nacho Porto Cerámica, Cerámica Unzueta, Charamusca, Taller Nordés, Taller Utopía, E. Ferro, Plata Nativa, Areladefe e Gharabullo.

Demostracións en vivo por parte dos artesáns.

Mercado de produtos agrícolas e gandeiros: Venda e exposición de produtos locais do agro (mel, produtos da horta, marmeladas, xabóns, cervexa, animais de curral, plantas ornamentais, etc.)

Todo isto, complementado con stands de creadores locais coma UTOPIA taller de arte e reciclado, e postos de cestos artesanais, patchwork, prata e complementos.

Durante a feira contaremos con:

  • Grupos tradicionais de música e pasarrúas: ANPA San Gregorio de Carnota, Escola de Música Municipal, Cantareiras do Rumial, Pandereiteiras de Mazaricos e Os Tabernícolas do Leiradal.
  • Demostracións de arte e reciclaxe, de nós mariñeiros, de cestería, etc.
  • Obradoiros infantís: talleres de reciclaxe, obradoiros creativos, etc.
  • Actividades deportivas e culturais para todos os públicos.

E para xantar teremos polbo, empanadas, produtos do mar, mel e filloas.

ESPERÁMOSVOS!